Anxos Sumai recibe o García Barros

Categoría: Nova

Cunha pequeña representación dos 'Contiños da Terra' de Manuel García Barros, o de "Xaquín, o pintureiro", a cargo de Gonzalo Valcárcel e o músico Juan Ruibal comenzaba o pasado venres a noite no Teatro Principal da Estrada a entrega do XXV Premio de Novela Manuel García Barros.
Anxos Sumai reivindicou no seu discurso un reencontro coa natureza e co ser máis íntimo de cada un. Ademais, na súa intervención defendiu o papel da educación pública, a cultura e o respeto polo medio ambiente. Tamén agradeceu ao xurado que elixise a súa obra, 'A lúa da colleita', como traballo gañador, e ao Concello por manter vivo o facho da cultura en tempos pouco propicios para esta disciplina.

Comparte nas túas redes sociais ou por email