A RAG homenaxeou a Francisco Fernández del Riego

Quen foi presidente da Real Academia Galega e un dos fundadores da Editorial Galaxia, recibiu onte a homenaxe da institución da rúa Tabernas no día no que cumpriría 101 anos. Unha das participantes, a profesora Malores Villanueva, fixo un repaso da vida do homenaxeado. Pola súa banda, os poetas Luz Pozo Garza e Salvador García-Bodaño […]

Uxía e Najla Shami en 'Cantos na Maré'

Mañá, e dentro das actividades paralelas do xa tradicional 'Cantos na Maré', Uxía e Najla Shami participarán nun coloquio que leva por título 'Creando Rosalías' e nos que debullarán o proceso creativo arredor das súas recentes creacións, editadas por Galaxia, 'Rosalía pequeniña' e 'Na lingua que eu falo', dúas propostas de libro-disco que teñen gozado […]

Case que 900 persoas gozan con María Fumaça

O pasado sábado, o tren de María Fumaça conseguiu concentrar case que 900 persoas no seu concerto no Mar de Vigo, nunha actuación que será lembrada xa non só polo éxito multitudinario, senón pola comuñón que se produciu entre artistas e público, nun concerto que durou algo máis de unha hora, que tivo ata catro […]

A Real Academia Galega réndelle homenaxe a Francisco Fernández del Riego

Hoxe, 7 de xaneiro de 2014, a Real Academia Galega réndelle homenaxe a Francisco Fernández del Riego cun acto literario no que participarán: Dolores Villanueva Gesteira, Ramón Nicolás, Ana Acuña Trabazo, Víctor Fernández Freixanes, Salvador García-Bodaño Zunzunegui e Xesús Alonso Montero. Na ligazón á dereita destas liñas podes descargar o convite para asistir ao acto.

María Fumaça en Vigo

O tren musical de María Fumaça chega a Vigo, ao Auditorio Mar de Vigo o 4 de xaneiro ás 18,30 horas. O prezo das entradas será de 5 euros e poden adquirirse dende a web de www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500 'María Fumaça' é un espectáculo baseado no libro-disco-DVD editado por Galaxia e […]

´De Voces Ceibes a Milladoiro': o making off

Un dos éxitos da tempada está a ser o libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega, 1973-1978'. Na ligazón á dereita destas páxinas podes ver o 'making-off' da gravación dos temas que se inclúen no disco. O audiovisual contempla momentos da gravación do disco "De […]

Bo Nadal e Feliz 2014

Nos tempos difíciles é cando cómpre afrontar as grandes decisións. Rendemos homenaxe aos devanceiros de Nós. Unha das obras fundamentais da literatura galega chega agora ás vosas mans. Non perdades nunca a ilusión, que é a enerxía que nos empuxa. Fotografía: edición en galego do 'Ulises' de James Joyce, con tres dos seus tradutores: Eva […]