Uxía e Najla Shami en 'Cantos na Maré'

Categoría: Nova

Mañá, e dentro das actividades paralelas do xa tradicional 'Cantos na Maré', Uxía e Najla Shami participarán nun coloquio que leva por título 'Creando Rosalías' e nos que debullarán o proceso creativo arredor das súas recentes creacións, editadas por Galaxia, 'Rosalía pequeniña' e 'Na lingua que eu falo', dúas propostas de libro-disco que teñen gozado de grande éxito dende o instante no que viron a luz o ano pasado.
A charla quere afondar na relación entre música, poesía e artes plásticas a través destas dúas obras, a primeira ilustrada por Marina Seoane, e a segunda con fotografías de Ainoa Calvo. Os participantes terán a oportunidade de desentrañar con estas catro artistas o proceso creativo destes traballos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email