´De Voces Ceibes a Milladoiro': o making off

Categoría: Nova

Un dos éxitos da tempada está a ser o libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega, 1973-1978'.
Na ligazón á dereita destas páxinas podes ver o 'making-off' da gravación dos temas que se inclúen no disco.
O audiovisual contempla momentos da gravación do disco "De voces ceibes a Milladoiro", feito durante dous anos en Casa de Tolos, baixo a dirección de Antón Seoane, e como homenaxe ou recordo do propio Seoane ós anos 1973-1978, época de cambios e da que xurdiu, un movimiento cultural, no que se encadra o movimento popular da canción galega. Participan no CD músicos do talle de Dónal Lunny, Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Bibiano, Antonio Díaz Xosé Quintas Canella, Quinteto Son Real, Pilocha, Laura Amado, Miro Casabella, Quico de Cariño, César Lorenzo, Beatriz Loureiro, Harry C, Leandro Deltell, Pancho Álvarez, Nando Casal, Roi Casal, Manú Conde, Roi Grandío, Segundo Grandío, Xosé Liz, Marcos Teira, Bento Veloso, Natalia Zoltan.

Comparte nas túas redes sociais ou por email