'O señor das Dunas' en Ourense

Categoría: Nova

Este domingo, o espectáculo de animación con area, 'O señor das dunas' producido pola Editorial Galaxia e Adarme Visual, chegará ao Auditorio de Ourense ás 12 horas. O prezo das entradas é a partir de tres euros e poden mercarse a través do servizo de servinova.com
'O señor das dunas' é un espectáculo sorprendente, no que se dan a man o teatro, a tradición oral, a tecnoloxía e a innovación. Protagonizado por un vello bibliotecario, amante da lectura, da palabra e de historias ben contadas, os asistentes presenciarán como o seu aprendiz ilustra, axudado por area e unha pantalla xigante, as engaiolantes historias que saen da súa boca….
Un intre de luz, literatura, teatro e maxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email