Entrega da XXV Premio Manuel García Barros na Estrada

Ás 20 horas no Teatro Principal da Estrada, a escritora Anxos Sumai recibirá oficialmente o Premio de Novela Manuel García Barros que este ano gañou coa súa novela 'A lúa da colleita'. No blogue 'Trafegando Ronseis' falan así de ben desta nova obra de Anxos Sumai: "Unha novela moi ben escrita que nos afasta de […]

Xa podes escoitar as nosas músicas nas plataformas musicais

A nosa editorial vai cos tempos. E se a literatura a cada volta se volve máis dixital, e a lectura en pantalla vai gañando adeptos (xa hai quen ve o futuro da lectura só no ámbito dos eBooks), o certo é que a música hai ben de tempo que deu o paso ao dixital con […]

Concurso de cartas arredor de O APALPADOR

A Editorial Galaxia é unha das entidades colaboradoras do Concurso de Cartas ao Apalpador 2013, unha actividade que pretende recuperar a famosa e tradicional figura do vello que baixa cada Nadal para ver que nenos e nenas comen ben apalpándolles a barriga. Toda a información para participar neste orixinal concurso, está na web creada ao […]

Mamá Cabra, Premio Galego da Música

O grupo de música infantil Mamá Cabra, polo seu traballo 'Bicos de música' recibiu o pasado venres, nunha gala celebrada na cidade de Pontevedra, o Premio Galego da Música correspondente á categoría de Música Infantil. O premio é outorgado polos profesionais da música galega aos traballos, grupos e solistas que máis brillaron durante o ano […]

Rosalía para todas as idades

O pasado venres e sábado celebráronse en Santiago, no Auditorio da Cidade da Cultura, as III Xornadas de Literatura e Ensino, organizadas pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a ASPG e nesta ocasión centradas na poesía e as aulas. Na derradeira xornada, participaron tres cantantes que, nos últimos tempos teñen publicado […]

Xa en marcha o blogue e a páxina en facebook do libro 'O agasallo de Anya'

Hai uns días saía do prelo, e está a chegar xa ás librerías de todo o país, o libro de Sabela Núñez Singala, 'O agasallo de Anya', que publicamos na colección Árbore 10 anos con ilustracións de Xosé Tomás. Estamos diante da obra de debut desta autora que construiu unha fermosa historia na que unha […]

Presenza de Galaxia/Mar Maior no MICA

Durante catro días, dende o pasado sábado (día 23) ata o martes reuníronse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, representantes de distintos sectores e instituciones de Galicia e Arxentina relacionadas coa industria cultural: o libro, a música, o cine, o deseño, as artes escénicas, a comunicación… Editorial Galaxia presentou neste foro o seu […]

La Voz premia o compromiso de Galaxia con Galicia e o seu patrimonio

La Voz entregou onte o Premio Fernández Latorre, instituido en memoria do seu fundador, e que na súa edición número 55 distinguiu o traballo da Editorial Galaxia en favor da lingua e cultura galegas. Un labor que a institución desenvolve desde que foi fundada en 1950 por intelectuais como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, […]