Mamá Cabra, Premio Galego da Música

Categoría: Nova

O grupo de música infantil Mamá Cabra, polo seu traballo 'Bicos de música' recibiu o pasado venres, nunha gala celebrada na cidade de Pontevedra, o Premio Galego da Música correspondente á categoría de Música Infantil.
O premio é outorgado polos profesionais da música galega aos traballos, grupos e solistas que máis brillaron durante o ano anterior. 'Bicos de música' alzouse co galardón ao que tamén estaban nominados Magín Blanco e Pablo Díaz.
Aquí, a nómina completa de galardoados:

Música infantil: Mamá Cabra
Rock, blues, funk & soul: NARF
Músicas do mundo: Banda Crebinsky
Música tradicional galega: Treixadura
Pop e indie: Eladio y Los Seres Queridos
Reggae, ska & mestizaxe: Transilvanians
Electrónica: Das Kapital
Jazz e músicas improvisadas: Abe Rábade Trío
Orquestras, grupos e música de verbena: A Magnifique Bande
Metal: Machina
Música clásica e contemporánea: Taller Atlántico Contemporáneo
Folque: Berrogüetto
Hip-Hop e músicas urbanas: Dios ke te Crew
Asemade, o Premio Honorífico Músicos ao Vivo 2013, decidido por unanimidade, foi para o batería Antonio Cruz Arévalo "Peri".

Comparte nas túas redes sociais ou por email