Rosalía para todas as idades

Categoría: Nova

O pasado venres e sábado celebráronse en Santiago, no Auditorio da Cidade da Cultura, as III Xornadas de Literatura e Ensino, organizadas pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a ASPG e nesta ocasión centradas na poesía e as aulas.
Na derradeira xornada, participaron tres cantantes que, nos últimos tempos teñen publicado libro-discos arredor de Rosalía de Castro. Así, Aid, Najla Shami e Uxía sentaron falar e debatir cos profesores e profesoras, moderadas polo editor de Galaxia, Francisco Castro, cos e coas docentes, para ver o aproveitamento didáctico que se lle pode tirar a Rosalía para os máis pequerrechos (Rosalía Pequeniña), para a mocidade (Rapoemas) ou o público adulto (Na lingua que eu falo).
O debate rematou cunha actuación musical na que as tres artistas puideron interpretar algúns dos temas presentes nos seus respectivos traballos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email