Presentación de "Os elefantes de Sokúrov", de Antón Riveiro Coello, en Gondomar

A libraría LIBRAIDA acolle a presentación do libro Os elefantes de Sokúrov (Editorial Galaxia) de Antón Riveiro Coello. O acto celebrarase o xoves 11 de febreiro ás 20:30 na libraría. Contarase coa presenza do autor. O acto será presentado polo profesor Carlos Meixome. Antón Riveiro Coello naceu en Xinzo de Limia (1964). É un dos […]
Terceira edición para 'Os elefantes de Sokúrov'

Antón Riveiro Coello é un deses novelistas que poden gabarse de ter un público fiel que espera con ganas cada unha das súas novas achegas literarias. E nunca decepciona. E iso é o que explica que, malia ser un título que editamos hai ben pouco, coñeza xa a terceira edición estes días. Unha nova excelente […]
A Esmorga. Adaptación dun texto narrativo a un audiovisual

A Agrupación Cultutal O Galo organiza este xoves 28 de xaneiro ás 20h30 no Espazo Etnocultural Vide-Vide (Rúa do Stº Antonio nº1, Santiago) de Compostela un encontro aberto co director de A Esmorga. Ignacio Vilar explicará porque levou a pantala a grande novela de Eduardo Blanco Amor e as dúbidas e problemas con que se […]
Manuel Portas presenta Lourenço, xograr en Rianxo

Manuel Portas presenta este venres, día 29 de xaneiro, ás 20h30, no Auditorio de Rianxo a súa última novela, Lourenço, xograr, Premio de Novela Manuel García Barros 2015, acompañado por Antón Riveiro Coello, María Xesús Blanco, Adolfo Muíños e Víctor F. Freixanes. Organizan o evento a asociación cultural Barbantia, a Editorial Galaxia, La Voz de […]
Nova tese de doutoramento con referencias a Editorial Galaxia
A tese titúlase <em>A narrativa na reconstrución do campo literario de posguerra. Repertorios e imaxinario nacional no proxecto de Galaxia</em> e foi presentada na Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección do profesor Arturo Casas. O autor, Mario Regueira, analiza a emerxencia dun campo cultural galego entre os anos 1936 e 1966. Neste contexto, […]
Os imprescindibles de Castelao

En tan sinalada data, recordamos as palabras de Armando Requeixo: "Aos clásicos cómpre volver sempre. Hai que relelos, fatigar as páxinas que nos deixaron porque nelas están moitas das respostas que procuramos e que eles souberon dar ante problemas semellantes aos que hoxe nos acoran pero que eles xa resolveron moito antes de que nós […]
O Lourenço, xograr de Manuel Portas visitou Rianxo

O pasado venres á noite, Manuel Portas presentou o seu Lourenço, xograr, no Auditorio de Rianxo, cunha animada conversa con Maria Xesús Blanco López, Antón Riveiro Coello, Adolfo Muinhos Sánchez e con Vítor Freixanes. Un fermoso acto, organizado por Barbantia. Parabéns e grazas polo traballo realizado a prol da cultura do país. No noso blog […]
ONDULACIÓNS ONTOLÓXICAS de María Grandío

No último GRIAL, no apartado de Creación, damos voz á poeta luguesa, nada no 1982, María Grandío e que levan por título, ONDULACIÓNS ONTOLÓXICAS. Dende o seu inicio, a nosa revista quixo servir, tamén, de plataforma para que autores e autoras que andan a comezar a súa andaina literarira, atoparan acubillo onde poder dar a […]