Presentación de LOURENÇO, XOGRAR en Vigo

Categoría: Nova

Hoxe xoves, o escritor Manuel Portas presentará a súa nova novela, LOURENÇO, XOGRAR, Premio de Novela Manuel García Barros na librería Librouro de Vigo ás 20 horas.
O autor estará acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e polo editor literario de Galaxia, Carlos Lema.
Desta obra, precisamente Nicolás escribiu no seu día no seu 'Caderno da crítica': "Desde agora vai ser ben difícil que cando se lean os poemas do xograr Lourenço non se asocie a súa figura ao perfil humano que Portas deseñou como o dunha persoa que vivía a literatura e que cría no que escribía, de xeito que non chegaba a distinguir entre o sentido e o expresado a través da chamada forma inmóbil. Lourenço, que abala entre a picardía e a inxenuidade, é o fío que nos introduce nun universo pouco tratado desde a ficción contemporánea como é o da poesía medieval galego-portuguesa e o seu tempo, encerrado aquí en páxinas de extraordinaria plasticidade, en especial aquelas que reparan no contexto trobaresco ou as que versan sobre a guerra e describen o amor, por só citar tres casos."

Comparte nas túas redes sociais ou por email