Máis alá do azul e do rosa

Entre as novidades previstas para as vindeiras semanas está, dentro da colección Intervención Social, o libro de Ana T. Jack, titulado MÁIS ALÁ DO AZUL E DO ROSA, un volume eminentemente práctico dirixido ás familias e ao mundo educativo para desenvolver hábitos de educación, dende as casas, en igualdade de cara a previr a violencia […]

Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia

Hoxe 22 de setembro, ás 19 horas, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago (praza de Mazarelos), inaugurarase a exposición ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’, dedicada á vida e obra dun dos fundadores da Editorial Galaxia. No acto intervirán, entre outros, Manuel Meixide Vecino (presidente da Fundación Isla Couto) e Marcelino Agís […]

2ª edición para CAMIÑOS NA AUGA en menos de un ano

O libro viu a luz o pasado mes de marzo e, a finais de xuño e diante da espectacular acollida colleitada, tivemos que meter no prelo a segunda edición desta novela de Manuel Núñez Singala que ao tempo que nos amosa o “camiño na auga” e pola auga do seu protagonista na procura da súa […]

Un verán para ler

Verán. Vacacións. Tempo para retomar lecturas. Tempo para recomendar libros. Para deixarse recomendar. Para ler novelas. Para estremecerse coa poesía. Ler: un gran plan de verán. Fronte do mar, do río, a auga da pisicina. Na sombra. Ao sol. Cunha tapa diante. Logo de correr. Coa ventá aberta porque morremos de calor. Pechados no cuarto, […]

Novidades para setembro

O mes de setembro virá, como cada ano, repleto de novidades literarias que van preparando un outono que vai ser tamén vizoso en publicacións da nosa editorial. Nesta volta á normalidade logo do parón do mes de agosto, a nosa editorial tira do prelo libros que están chamados a conquistar o corazón das lectoras e […]

Linguaxe non sexista…nin feminista

Seguimos dende a nosa web debullando algúns dos traballos que publicamos no último número da revista GRIAL adicado desta volta aos FEMINISMO(S). Logo do texto de Marilar Aleixandre co que abriamos a semana, achegamos hoxe, na ligazón á dereita destas liñas, o traballo de Olga Castro arredor da cuestión da linguaxe non sexista e o […]

Galegas e feministas

A escritora, historiadora e membro da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, Encarna Otero Cepeda fai tamén a súa contribución ao número último de GRIAL adicado aos FEMINISMO(S) e que levamos debullando toda a semana. O seu traballo é unha achega á cuestión das organizacións feministas na Galiza ao longo da historia. Podes […]

O alfaiate portugués

En cuestión de moi pouco tempo sairá do prelo un libro formado por catro contos de Xavier Senín titulado ‘O alfaiate portugués’ e que publicamos na nosa colección Literaria. No último número de GRIAL adiantamos un dos relatos que formarán parte dese libro e que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas.