Mar Maior inicia a súa andaina en Brasil

Categoría: Nova

Os primeiros libros de Mar Maior estarán nas librerías brasileiras antes de final de ano. Así o acordaron a distribuidora Ponte Atlantica (Salvador de Baía) e a Editorial Galaxia. A distribuidora brasileira, xestionada por galegos e descendentes de galegos, encargarase da comercialización dos títulos, tanto nas librerías como través dunha revista de distribución gratuita que chega a máis de 50.000 residentes españois e galegos naquel país, no que a presenza de colectividades galegas é moi xenerosa.
A idea é presentar a literatura galega, clásicos e contemporáneos, á socidade brasileira no seu conxunto, principalmente nos ámbitos universitarios. Nos primeiros días do próximo mes de decembro presentaranse os primeiros títulos no Instituto Cervantes, na cidade de Sao Paulo.
Historia da Galiza de Ramon Villares, Brasil de Xavier Rodríguez Baixeras, Circe de Begoña Caamaño e Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro son os primeiros títulos traducidos ao brasileiro, primeiro lanzamento que se presentará en ofertas trimestrais a través da devandita publicación.
Valéria Gil, catedrática da Universidade de Sao Paulo, coordinou o equipo de tradutores. Mari Fernández e Francisco Vila, por parte da distribuidora, asinaron o acordo de colaboración o pasado martes, nas instalación de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email