Galaxia prepara un poemario de Rebeca Baceiredo

Categoría: Nova

A colección de poesía da nosa editorial volve con forza coa publicación do poemario de Rebeca Baceiredo, ‘O canto da sibila’.
A autora, coñecida ata o de agora pola súa vizosa actividade ensaística na nosa editorial publicou ‘O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo’, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005) proponnos neste libro un novo xeito de expresión poética que combina o pulo da subxectividade coa representación poética do silencio obrigado das mulleres.
A sibila é a expresión directa, non mediatizada, do “bios” das mulleres sen que nesa representación o suxeito impoña a persoa, a máscara. A sibila é a verdade, o discurso das mulleres que se libera da condición de “madwomen in the attic” imposta desde o século XIX á literatura de, por exemplo, Brontë, Eyre e Dickinson.
Un outono poético que esperamos con ganas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email