O PRINCIPIÑO sempre de actualidade

O ano vindeiro moito se vai falar, tamén, de O PRINCIPIÑO, o clásico de Antoine de Saint-Exupèry que tamén está en galego, e dende hai moitas décadas en tradución de Carlos Casares. Por iso dicimos que se vai falar moito desta obra, porque Carlos Casares, autor a quen a RAG dedica o Día das Letras […]

Facer Galicia dende un autobús

O pasado venres, a familia Dosil de Pontenafonso e directivos da Editorial Galaxia participaron no acto de presentación dun moderno autobús equipado coa máis alta tecnoloxía e que leva por nome o da Editorial Galaxia. Foi un acto que serviu para bautismar un vehículo de alta gama que demostra como dende a sociedade civil se […]

‘Letras Galegas, Letras Arxentinas. Galicia en Buenos Aires’, na Coruña

Intervirán no acto o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, autor de ‘Letras Argentinas, Letras gallegas. Su relación en el siglo XX’, Xosé Gregorio Ferreiro Fente, editor do libro ‘En defensa e ilustración de la Segunda República Española de Eduardo Blanco Amor’, e Victor F. Freixanes, editor do selo Mar Maior e da […]

Eli Ríos presentou o seu novo libro na Coruña

A de onte mércores foi unha xornada feliz para a nosa editorial na Feira do Libro da Coruña. Foi necesario ir buscar máis cadeiras para acoller a tanta xente como a que quixo acompañar a Eli Ríos na presentación do seu libro ‘Marta e a píntega’ que vimos de publicar na nosa colección Árbore 10 […]

Presentación do novo libro de Miguel Anxo Fernández na Coruña

Os actos da Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña rematan este domingo coa presentación, ás 20.30 horas, da novela de Miguel Anxo Fernández, ‘Un dente sen cadáver’, a nova aventura de Frank Soutelo. O autor estará acompañado polo director literario de Galaxia, Carlos Lema. Á dereita destas liñas deixamos unha entrevista co autor […]

As voces das mulleres

A escritora Marilar Aleixandre foi a encargada de coordinadar o tema central do novo número de GRIAL titulado FEMINISMO(S). Tamén participaron Saleta de Salvador Agra, Iolanda Martínez Suárez, Carmen Castro García, Olga Castro, Encarna Otero Cepeda e Mariam Mariño Costales. Na ligazón á dereita destas páxinas deixamos o traballo de Marilar Aleixandre para a súa […]

Un verán para ler

Verán. Vacacións. Tempo para retomar lecturas. Tempo para recomendar libros. Para deixarse recomendar. Para ler novelas. Para estremecerse coa poesía. Ler: un gran plan de verán. Fronte do mar, do río, a auga da pisicina. Na sombra. Ao sol. Cunha tapa diante. Logo de correr. Coa ventá aberta porque morremos de calor. Pechados no cuarto, […]

Novidades para setembro

O mes de setembro virá, como cada ano, repleto de novidades literarias que van preparando un outono que vai ser tamén vizoso en publicacións da nosa editorial. Nesta volta á normalidade logo do parón do mes de agosto, a nosa editorial tira do prelo libros que están chamados a conquistar o corazón das lectoras e […]