Nuns días estará nas librerías do país o ensaio Tempo de incertezas, do catedrático de ciencia política da Universidade do Quebec, Alain-G. Gagnon.
O autor reflexiona sobre as razóns polas que os cidadáns precisan institucións comúns para afondar no exercicio democrático e enriquecer os intercambios entre comunidades. Gagnon estuda as vías de reconciliación comunitaria volvendo ás prácticas herdadas do pasado. Afonda tamén no concepto de cultura fedeal como esteo esencial para aquelas sociedades complexas que poden compartir un futuro común fundado na reciprocidade e na confianza.