Malores Villanueva incorpórase ao equipo da Editorial Galaxia

Categoría: Nova

Malores Villanueva incorporouse ao equipo da Editorial Galaxia para desenvolver labores de edición e comunicación. É licenciada en Filoloxía Galega e Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde recentemente acaba de doutorarse e onde entre 2006 e 2011 foi secretaría dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia.
Impartiu docencia na USC e na Universitat de Barcelona, a onde segue vinculada pois forma parte do comité editorial da revista Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal. Como investigadora publicou os ensaios Lingua en sociedade, a aldea da Xesteira (2006) e A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo (2010). Coordinou o volume Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia (2013) e asinou artigos en diferentes revistas de ámbito académico e científico.
É padroeira da Fundación Penzol e forma parte do Consello Social da Lingua do Concello de Vigo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email