Presentación de A familia de Pascual Duarte en Vigo

Categoría: Nova

Camilo José Cela Conde (fillo do escritor) e Jorge Cela Trulock (irmán) darán unha conferencia sobre ‘A raíz de Cela. Claves da versión galega d’A Familia de Pascual Duarte’. No coloquio intervirán tamén Román Rodríguez, conselleiro de cultura da Xunta de Galicia, Ceferino de Blas (exdirector de Faro de Vigo) e o editor Víctor F. Freixanes. O libro foi traducido no seu día por Vicente Risco e publicado en galego na Editorial Galaxia.
Agardámosvos mañá, 7 de outubro ás 20.00h no Club Faro (Auditorio Municipal do Areal).

Comparte nas túas redes sociais ou por email