A RAG inaugura un simposio sobre Carlos Casares na Coruña

Hoxe, ás 17,00h, inaugúrase na sede da rúa Tabernas da Real Academia Galega un simposio sobre a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2017 que xa remata. Organizado polos académicos Marilar Aleixandre, Henrique Monteagudo e Andrés Torres Queiruga, o simposio contará coa presenza de moitos dos autores de Galaxia […]

Chega ás librarías Estrelas da despensa galega

Chega estes días ás librarías Estrelas da despensa galega, un libro para aprendermos sobre a nosa gastronomía e os seus produtos da man de Carina Regueiro, un libro no que a cociña do país se entende como parte esencia da nosa expresión cultural, inseparable das xentes ou a paisaxe. En palabras de Xosé Cermeño, autor […]

Últimos días para presentarte ao Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

A poucos días de que remate o prazo para a recepción de orixinais, lembrámosvos a convocatoria do XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa co­laboración de Gas Natural Fenosa. […]

Xosé Monteagudo gaña o Premio San Clemente

A última novela de Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, que xa fora recoñecida como a mellor novela de 2016 na Gala do Libro Galego, foi merecedora hoxe do Premio San Clemente na súa categoría en galego. Nesta XXIII edición do Premio San Clemente, que convocan o IES Plurilingüe Rosalía de Castro e Abanca co apoio da […]

Xornada sobre Carlos Casares en Vigo

Mañá, xoves 9 de novembro, celebrarase en Vigo na Casa Galega da Cultura, a partir das 17h, a segunda dunha serie de xornadas en torno á figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano que remata, e que están organizadas pola Fundación que leva o seu nome en colaboración coa […]

Unha ducia de galegos preséntase en Pontevedra

Mañá, mércores 8 de novembro, ás 20h, o Ateneno de Pontevedra organiza unha presentación na Casa das Campás da reedición, corenta anos despois da súa publicación, de Unha ducia de galegos, o clásico xornalístico de Víctor F. Freixanes. Despois do éxito crítico desta nova singradura do volume, e da multitudinaria e cálida acollida na súa primeira […]

Carlos Casares, Otero Pedrayo e o viño do Ribeiro protagonistas dunhas xornadas

Este mércores, 8 de novembro, terá lugar no Café Vitruvia de Vigo (Praza de Compostela, 5), unha das paradas das II Xornadas de Outono: cultura do viño e literatura. Esta sesión das II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura, promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, coordinadas polo profesor Xavier Castro, pretenden homenaxear en Vigo, a Carlos […]