Chega ás librarías O cidadán perfecto

A colección Costa Oeste acolle, en tradución ao galego de Malores Villanueva, O cidadán perfecto de Raquel Ricart Leal, unha obra que indaga nas posibles derivas futuristas dunha sociedade como a nosa e que non te deixará indiferente. O cidadán perfecto podería ser calquera habitante de Biotrés, unha cidade abondo grande para que todo o […]

Chega ás librarías A liberdade no século XXI

Estes días chega ás librarías A liberdade no século XXI un interesante ensaio de Enrique Sáez Ponte no que se analizan os procesos actuais de acumulación de poder nos tres hábitats principais que facilitan a súa expansión: os aparellos político-burocráticos, o capital e a comunicación.   As sociedades do século XXI asisten con preocupación ao ascenso […]

Celia Díaz Núñez e os segredos de familia

A pasada semana, Sermos Galiza publicaba un artigo de Celia Díaz Núñez no que a autora reflexionaba sobre a súa última novela, Unha verdade amarga. “Unha verdade amarga é tamén unha novela sobre a memoria. “Somos o que lembramos”, di o verso de Xulio Valcárcel. Resulta reconfortante volver a vista atrás e dar vida aos […]

Inma López Silva e Francisco Castro no Encontro Literario de Escritores Salvaterrenses de México

Inma López Silva e Francisco Castro, recoñecidos autores do catálogo desta editorial, están estes días participando do XIII Encontro Internacional que organiza en Salvatierra (México) a Asociación de Escritores Salvaterrenses. Alí, ofrecerán charlas en colexios, integrarán palestras, ofrecerán lecturas públicas e participarán das actividades que conforman a programación do festival. Unha vez máis, os autores […]

Chega ás librarías Deixe a súa mensaxe despois do sinal

Chega estes días ás librarías Deixe a súa mensaxe despois do sinal, a orixinalísima segunda novela de Arantza Portabales. Contada dun xeito abraiante,  Portabales elixe catro voces de muller, as de Marina, Carmela, Sara e Viviana, que deixan mensaxes nun contestador e van tecendo así unha única trama. Historias de moitas almas que imos construíndo […]

Convócase o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa co­laboración de Gas Natural Fenosa, convocan o XVIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario […]

Xornadas sobre Domingo Fontán e Otero Pedrayo

A Fundación Otero Pedrayo celebrará os vindeiros venres 20 e sábado 21 de outubro unhas xornadas arredor das figuras de Domingo Fontán e Otero Pedrayo con motivo de cumprírense os 200 anos do incio da elaboración da Carta Xeométrica de Galicia e o 151 da morte de Fontán. As xornadas terán lugar na sede da […]

Riveiro Coello finalista do Premio Frei Martín Sarmiento

A ferida do vento de Antón Riveiro Coello é unha das obras finalistas do XIV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. A última novela de Riveiro Coello, de quen chegou ás librarías nesta mesma semana o colección de microrrelatos Á sombra dos bonsais, opta así a un dos premios máis orixinais do panorama […]