Marilar Aleixandre alza a voz de Morxiana

Categoría: Nova

Se a moitos de nós nos dixeran que Morxiana acapararía máis protagonismo que Alí Babá na obra Alí Babá e os corenta ladróns, non o creríamos. Pero así acontece na reescritura da coñecida historia a mans de Marilar Aleixandre editada por Galaxia na súa coleccíon Costa Oeste.
Hai unhas semanas Sofía Malvido Cordeiro publicaba na revista Tempos Novos unha crítica sobre esta nova versión feminista do conto clásico, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros. Nela dise: “Morxiana vai ser o motor da acción. Impoñéndose como a heroína da historia, ao matar ao xefe dos usueiros” e recálcase que a novela conta cos elementos necesarios para conseguir suscitar intriga e avanzar na lectura ata o final.
Podes descargar a crítica ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email