“Mulleres feridas polo amor, mulleres bravas”: Inma Doval-Porto le Alma e o mar

“Non busco un lugar para morrer. Non son Nathan Glass, o personaxe de Auster. Busco un lugar no que acougar, no que determe un tempo e acougar, renacer sabida, como nacen as crías das golfiñas, sandar feridas e atopar un camiño” (p. 80). Este pensamento que Alma, a protagonista da novela, deixa no seu caderno-diario, […]

Chega ás librarías Alma e o mar

Chegaba estes días ás librarías Alma e o mar a nova e agardada novela de Francisco X. Fernández Naval. Unha aposta narrativa en que se tecen un thriller, a reivindicación feminista e o retrato dunha protagonista que non quere ser heroína e que nos amosa a afouteza dunha muller do noso tempo. Vealí Alma e […]

A senda de sal: a estrea narrativa de Fran Fernández Davila

Editorial Galaxia publica A senda de sal, obra coa que Fran Fernández Davila obtivo o Premio de Novela por Entregas convocado polo xornal La Voz de Galicia. Nesta novela, un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios decisivos que viviu na súa mocidade. Unha serie de acontecementos que […]

O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro xa nas librarías!

Chegaba ás mesas de novidades estes días O xardineiro dos ingleses, a novela coa que Marcos Calveiro gañou a última edición do Premio García Barros. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística destaca pola súa capacidade para tecer unha trama que mestura episodios de carácter […]

“O exilio é unha tatuaxe” en Corpo de Antiochia

A semana pasada, o semanario Sermos Galiza publicaba unha breve recensión de Daniel Salgado a propósito de Corpo de Antiochia, o último poemario de Tamara Andrés. “O poema como exploración dun eu radical. O intimismo que dialoga coa devastación (tamén social, tamén política) arredor. O xogo entre a dicción e o silencio. O mar e […]

Dous anos sen Xosé Neira Vilas

Fanse hoxe dous anos do pasamento de Xosé Neira Vilas, autor fundamental da narrativaa galega da segunda metade do século XX, e sen dúbida un dos autores máis sobranceiros do noso país. Cunha vida e unha obra marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba, Neira Vilas foi un destacado […]

Galaxia apoia e premia a loita contra a violencia de xénero

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra entregou, a pasada semana, nun acto celebrado no Auditorio de Afundación, os premios do I Concurso de Debuxo e Relato contra a Violencia de Xénero, que contaba coa participación da Editorial Galaxia. Os alumnos dos 12 centros premiados recolleron os seus galardóns e estiveron acompañados polo resto de compañeiros […]

Unha guía de lecturas contra a violencia de xénero

Dende a Federación de ANPAS de Compostela lanzaban estes días unha guía de lecturas contra a violencia de xénero, coa intención de que tamén a literatura axude a erradicar o terrorismo machista. Dende Galaxia, aproveitamos hoxe o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para darlle visibilidade a este proxecto en construción que […]