Xosé Constenla gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2017

A obra O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, de Xosé Constenla Vega, resultou hoxe gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2017, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. O ensaio […]

Galaxia pecha o ano Casares con dous novos títulos

Hoxe tivo lugar en Compostela a presentación á prensa de A ledicia de ler e O suicidio de Jonas Björklund os dous libros cos que a Editorial Galaxia pecha un ano de intensa promoción da figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no día das Letras Galegas deste 2017 que remata, de quen nesta se publicaron […]

Bo Nadal e ventureiro 2018!

Dende a Editorial Galaxia querémosvos desexar un bo nadal e un ventureiro 2018, coa esperanza de que o novo ano siga cheo de libros en galego e de novas e novos lectores!

Nace o Premio Viadutos de Novela en Redondela

Estes xoves, 14 de decembro, ás 12:30h, tivo lugar na Casa do Concello de Redondela a presentación aos medios do novo Premio Viadutos de Novela, convocado polo Concello de Redondela e a súa Concellería de Xuventude, e organizado pola Editorial Galaxia. Con este premio o Concello de Redondela decide apostar unha vez máis polo apoio […]

Tenrura: o libro máis especial de Antón Cortizas

Estes días chega ás librarías Tenrura, un novo libro de Antón Cortizas, autor tradicionalmente vencellado ao público infantil mais que, desta volta, nos agasalla un texto co que tamén van gozar, e moito, as adultas e adultos. Unha alfaia literaria que serve, ademais, para inaugurar a nova colección da Editorial Galaxia, “Libros para compartir” e que contemplará […]

Galaxia publica completo o Tonecho de Xaquín Marín

Estes días chegaba ás librarías Tonecho a recuperación por parte da Editorial Galaxia dun dos personaxes fundamentais do noso humor gráfico, e a posta en valor dunha autor fundamental: Xaquín Marín. Dende as páxinas da inesquecible revista Golfiño (2000-2004), que educou visualmente varias xeracións de galegas e galegos, e onde traballaban os máis grandes do […]

O sono das sereas: a nova e premiada novela de Xosé A. Neira Cruz

Chega estes días ás librarías O sono das sereas, a novela curta coa que o escritor Xosé A. Neira Cruz obtivo o Premio Repsol o pasado outubro. Nesta undécima edición, o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicado por Editorial Galaxia outorgouse a unha novela […]