Galaxia celebra o Día da Lingua Materna

Categoría: Nova

Na Editorial Galaxia sumámonos hoxe, 21 de febreiro, á celebración do Día da Lingua Materna.
A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Dende Galaxia sumámonos a esta intención co orgullo que nos proporciona dicir que a nosa lingua nai é o galego e que, dende 1950, nos esforzamos por crear un espazo de resistencia e liberdade no que darlle acollida e facela medrar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email