Hai unhas cantas semanas, Daniel Salgado comentaba nas páxinas do Sermos Galiza a obra de Carlos Casares A ledicia de ler, conxunto de 400 artigos recollidos por Galaxia nun só volume. Sobre este conxunto de relatos do escritor ourensán, Salgado expoñía que “os textos amosan a súa atención demorada e crítica á literatura galega. Novelistas, poetas, ensaístas, dramaturgos pasan pola súa perspectiva, adscrita a un presunto sentido común que, vai delimitando un campo do posíbel e diagramando un canon.”.
Así mesmo, recalcaba: “configuran unha poética propia e unha autotradición. Do máximo interese para comprender a cultura galega na transición, A ledicia de ler serve tamén para avaliar a acción intelectual a través da prensa, paixón fundamental do pasado século”.
Podes descargar a recensión completa aquí.