Neira Cruz e a Galicia costeira máis mística

Categoría: Nova

Veñen de aparecer novas na prensa sobre Xosé A. Neira Cruz e o seu Sono das sereas publicado por Galaxia e co que gañou o Premio Repsol no 2017.
No semanario Sermos Galiza, o crítico Mario Regueira expón: “Non estamos ante unha novela detectivesca ou ante un tratamento estereotipado do misterio, aínda que algúns elementos poidan virnos á mente durante a súa lectura. A forma na que o autor nos enfronta co que acontece na vila de Traba aproxímase máis ao tipo de narrativas que, antes que ofrecer ao seu lectorado relatos mastigados, apoiados en ben coñecidos puntos comúns, esixe deste unha participación activa”. Con personaxes atópicos e unha trama que avanza como a néboa, Regueira recalca que “esta forma de secuenciar a trama obriga tamén a unha certa resituación por parte de quen le, un feito que sen dúbida axuda a configurar un ritmo moi particular, titubeante e con certos toques oníricos”.
Podes descargar o artigo completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email