Entréganse os premios do Reto Lector 2018

A barbadesa Eira Losada gañou esta segunda edición da campaña de fomento da lectura da Editorial Galaxia cun vídeo no que defende a tradución de obras ao galego. Declaráronse ademais outros cinco vídeos finalistas. Esta mañá entregábanse na Casa Galega da Cultura de Vigo os premios do Reto Lector 2018, a campaña de animación á […]

Patricia Mallo gaña o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

A obra Os Fantom impúxose aos 39 orixinais presentados nesta primeira edición e será publicada pola Editorial Galaxia o vindeiro outono Reunido en Santiago de Compostela esta mesma mañá, un xurado composto pola escritora e académica Fina Casalderrey, a profesora Blanca Ana Roig Rechou e o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, decidiu por […]

Celebramos o Día Internacional da Música

En Galaxia celebramos o Día Internacional da música coa chegada ás librarías de dúas novidades editoriais na colección Sonárbore, e facémolo viaxando No país do vento de Charo Pita da man dos Monstros con ou sen consentimento de Chuches Amil. Sonárbore, esa colección para que os máis pequenos canten e bailen en galego e que […]

Eira Losada gaña o Reto Lector 2018

Hoxe coñecíase en Vigo o fallo do Reto Lector 2018, a campaña de animación á lectura promovida dende a Editorial Galaxia. O Reto Lector, que este ano se consolida xa na súa segunda edición coma unha actividade de referencia na promoción da lectura en lingua galega, está destinado a mozas e mozos de entre 12 […]

O I Premio Viadutos de Novela fallarase en xullo

Por motivos de organización interna, o fallo do I Premio Viadutos de Novela, que estaba previsto para o pasado maio, adiarase ata finais do vindeiro mes de xullo. Será entón cando coñezamos o título da obra gañadora dos 3.000 euros do premio que será publicada na colección Literaria de Galaxia este outono. o I Premio […]

39 orixinais compiten no I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O pasado venres 1 de xuño finalizaba o prazo para presentar obras ao I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Concello da Pobra do Caramiña en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia, e que nesta primeira edición conseguiu reunir 39 orixinais a concurso. Agora é a quenda do xurado, composto por Blanca Ana […]

Nace a colección Pantallas

Nace a colección Pantallas da Editorial Galaxia coa publicación de Marcas na paisaxe o primeiro volume de Para unha historia do cinema galego, un traballo coordinado pola profesora e académica Margarita Ledo Andión. En 2012 finalizaba o proxecto de pesquisa Cine, diversidades e redes, que versou sobre as posibilidades de circulación do cinema en lingua […]

Galaxia inaugura a súa colección de Lectura Fácil

20.000 leguas baixo dos mares, o clásico de aventuras de Jules Verne con parada na baía de Vigo, foi o título escollido para inaugurar a colección de Lectura Fácil da Editorial Galaxia. Cunha adaptación realizada pola Asociación Juan XXIII, que xa leva desenvolvida unha intensa actividade arredor dos clubes de lectura fácil, a creación desta […]