Galaxia en Compostela o 25 de xullo

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia celebra o Dia Nacional de Galicia, 25 de xullo, con dúas presentacións dalgúns dos títulos máis sonados deste curso en Compostela.
Ás 18:30h, arrincamos na Praza de Mazarelos coa presentación de Corpo de Antiochia, o último poemario de Tamara Andrés. Na celebración da Romaría dos Libros de Verán que ocupará a emblemática praza compostelá ao longo da xornada do 25 de xullo, a Libraría Chan da Pólvora convidou á que é sen dúbida unha das poetas do momento para falar deste libro que vai xa pola súa segunda edición.
E pechamos ás 20:00h dentro da Galería das Letras do Festigal, que se celebrará tamén ao longo da xornada festiva nas inmediacións do Cumpus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Será esta volta a quenda de Rosalía Fernández Rial e o seu Bonus track. Acompañada polo director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, Fernández Rial convidará a lectoras e lectores a que bailen, a que se deixen levar polos relatos deste volume coma quen percorre as teclas dun piano.
Un día de festa que non podiamos perder! Celebras con nós?

Comparte nas túas redes sociais ou por email