Cúmprense cinco anos do pasamento de Benxamín Casal

Categoría: Nova

Hoxe cúmprense cinco anos do pasamento de Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia ata 2013.
Nado en Lugo en 1935 e finado na mesma cidade en agosto de 2013, Casal foi enxeñeiro agrónomo e economista, conselleiro de Enerxía e Industria da Xunta preautonómica entre 1978 e 1979 e deputado no Parlamento de Galicia durante a súa primeira lexislatura (1981-1985). Profesor na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo (1968-1972) e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo (1988), e director da Gran Enciclopedia Galega (2003-2013), como escritor, membro do grupo Brais Pinto, foi autor de numerosos estudos e artigos relacionados coa enxeñería agrónoma en Galicia.
Para el a nosa memoria no día de hoxe e o máis fondo dos agradecementos.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email