Século e medio co Capitán Nemo

20.000 leguas baixo dos mares foi a primeira novela en galego en edición de lectura fácil “Todo o que o home pode imaxinarse, algún día será realidade”, era a frase que solía repetirse o autor francés Jules Verne, e non lle faltaba razón. Apaixoado pola música, o mar e a liberdade, deixou tras de sí […]
Cunqueiro e Blanco Amor, imprescindibles.

Setembro chega cargado de boas novas! Estamos moi felices porque na sección de Fugas de La Voz de Galicia, Ana Abelenda consultou a diferentes persoeiros da cultura como son Marilar Aleixandre, Domingo Villar, Francisco Castro ou Arantza Portabales, para saber cales son as novelas que non vos podedes perder. Entre outros títulos imprescindibles, resaltáronse Merlín […]
Proxección de “Pelerinaxes” no III Ciclo de Cine Galego en Bos Aires (Arxentina)

O venres 6 de Setembro, ás 19:30 h, terá lugar a proxección de Pelerinaxes do director italo-galego Simone Saibene e producido por Noveolas no III Ciclo de Cine Galego en Bos Aires. Un filme no que Luzía (Carmen Méndez), a súa protagonista, percorre as etapas da pelerinaxe que fixeron a pé Otero Pedrayo, Vicente Risco […]
Adianto do outono literario

Unha ampla proposta de libros para todas e todos De seguido ofrecemos un breve adianto informativo con parte do Plan Editorial que Galaxia ten pensado para o derradeiro trimestre do ano. Propostas para todos os públicos. Entre as novidades destacamos obras coma Herba de namorar de María do Cebreiro, Historia da vida cotiá en Galicia […]
Un verán con libros!

En agosto Galaxia marcha de vacacións e estaremos menos activos en redes, pero oxalá vos acompañemos a través das vosas lecturas este verán: na praia, na piscina, no río, á sombra dunha árbore… Calquera lugar é bo para mergullarse nas páxinas dun libro! Á volta, en setembro, prometemos máis novidades, máis historias, máis aventuras, máis […]
Convócase a XIX edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro. Este premio acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria […]
Galaxia na Feira do Libro da Coruña

O vindeiro xoves, 1 de agosto, dará comezo a Feira do Libro da Coruña e Galaxia non podía faltar a esta cita para os amantes da literatura. Aquí vos presentamos as diferentes actividades desenvolvidas pola Editorial ao longo dos 10 días que dura a Feira. O primeiro acto co que damos inicio á nosa progrmaación […]
Galaxia celebra o Día de Galicia

Hoxe, 25 de xullo, celébrase o Día de Galicia, creado coa intención de adicar cada ano unha xornada de significación á exaltación e reivindicación da identidade galega. Durante dúas semanas a nosa capital, Santiago de Compostela, enche as súas rúas de música, danza e festa. Unha quincena en que a cultura percorre ata o espazo […]