Presentación de Galicia, o país das marabillas en Santiago de Compostela

O día 30 de setembro, ás 19:30 h, realizarase a presentación de Galicia, o país das marabillas de Claudia Castro, na libraría picheleira Os mundos de Carlota. Á capital compostelá asistirán a autora, Paula Carballeira e Francisco Castro, director xeral da editorial. Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia. É unha viaxe […]
Día Europeo das Linguas

Hoxe, 26 se setembro é o Día Europeo das Linguas, así foi proclamado polo Consello de Europa co apoio da Unión Europea o 6 de decembro de 2001. O seu obxectivo principal é fomentar o aprendizaxe de idiomas en toda Europa, entre todas as xeracións. O plurilingüismo fomenta o coñecemento e a cercanía con outras […]
Gonzalo Hermo gaña o XIII Premio de Narrativa Breve Repsol

A obra premiada leva por título Diario dun enterro e será publicada pola Editorial Galaxia. Gonzalo Hermo, gaña a XIII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega pola súa obra Diario dun enterro. Así o comunicou este mediodía a portavoz do xurado, Berta Dávila. O acto do fallo tivo lugar no restaurante Árbore […]
Presentación de 900 en Betanzos

O día 27 de setembro, ás 20:30 h, terá lugar na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de 900 de Xabier López, gañadora do Premio Torrente Ballester 2018. Intervirán, ademáis do autor, o director de edicións de Editorial Galaxia, Carlos Lema e o deputado provincial Xurxo Couto. Unha descomunal e estimulante novela na que, co […]
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de […]
Domingo Villar e Arantza Portabales, os bestsellers do verán

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia fai un reconto do máis vendido do verán, destacando as novelas O último barco de Domingo Villar e Beleza Vermella de Arantza Portabales. Estamos moi contentos porque de entre a moi variada oferta que se pode atopar en todas as librarías de Galicia, estes dous títulos, editados […]
A prestixiosa Granta publica a Chus Pato

A revista Granta, unha das máis importantes no panorama internacional, publicou tres poemas do libro Un libre favor de Chus Pato, á que presentan como unha das poetas contemporáneas máis importantes do panorama europeo. Unha autora prodixiosa que é quen de levar a súa escrita en galego por todo o mundo, mediante traduccións ao castelán […]
A herba de namorar chegará a toda Galicia

Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa ese lapso en cincuenta poemas, a maioría editados e algúns inéditos. Segundo palabras da propia autora, “en liñas xerais, correspóndense con aqueles que salvaría se só puidese rescatar eses. Non son necesariamente os que máis quero nin os que máis lembro; si son […]