O día 13 de novembro, ás 19:00 h, realizarase a presentación da obra gañadora do II Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2019, A sombra das árbores de Ana Abad De Larriva, na Casa da Cultura do Concello de Porriño. Ademais da autora, asistirá a concelleira de Cultura Lourdes Moure, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e Raquel Castro, como representante do IES Ribeira do Louro. Ao final da presentación haberá petiscos.
Premio Vidal Bolaño 2019
A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Estamos diante dunha peza teatral aberta, escenario simbólico poboado por un bosque de sombras que é o espazo que habitamos. Unha reflexión orixinal e novidosa sobre nós. O debut, poderoso, dunha autora chamada a protagonizar grandes páxinas da nosa escrita dramática.
Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutoranda en Comunicación na Universidade de Vigo, desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia.