Presentación Berta Mir detective. O caso do papagaio que falaba de máis na Coruña

Categoría: Nova

O día 28 de outubro, ás 16:30 h, realizarase unha charla ao redor do novo libro Berta Mir Detective. O caso do papagaio que falaba de máis de Jordi Sierra i Fabra na libraría Moito Conto, na Coruña. Acompañando ao autor estará Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.
O escritor Jordi Sierra i Fabra (candidato ao Premio Andersen 2020) presentará na Coruña a súa faceta máis policíaca nun encontro literario que se celebrará o próximo luns 28. Será na libraría Moito Conto, ás 16:30 horas, onde presentará xunto coa Editorial Galaxia a serie xuvenil protagonizada por Berta Mir iniciada con O caso do falso accidente. Tras un grave accidente que deixa ao seu pai inmovilizado, Berta ten que facerse cargo da súa axencia de detectives. Con só 18 anos, pronto descubrirá os sinsabores da idade adulta e rematará investigando nun intento de asesinato.
O célebre autor reuniráse con escolares para falar do arranque da serie e mostrar as primeiras pistas da próxima entrega, O caso do papagaio que falaba demasiado, na que Berta se ve envolta nun caso de tráfico de animais exóticos. Este primeiro encontro estará tamén aberto ao público.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email