O día 22 de outubro, ás 18:30 h, presentarase o libro Monstro de ollos vermellos de R. J. Peralta e Blanca Millán na Libraría Cronopios de Santiago. Ademais dos autores, intervirá Francisco Castro, o Director Xeral da Editorial Galaxia.
Ás veces hai monstros que non parecen monstros, senón amigos. Ás veces hai persoas que, sorrindo, agochan unha besta perigosa.
Un conto para que as nenas e nenos saiban enfrontarse a esas situacións en que os cordeiros, en realidade, son lobos perigosos.
Ramiro José Peralta Torres, nado en Buenos Aires, Argentina. Comezou a escribir sendo meniño, acadando recoñecemento no seu colexio de primaria. Gañador do concurso de relato de IES Rosalía de Castro no curso 2004/2005 e, nese mesmo curso, 4to lugar no concurso “Entre Nós en Galego”. De formación Psicólogo, pola Universidade de Santiago, combina a súa profesión coa escritura. A fináis de 2017 publicou “Manuela” coa Editorial Bolanda.