Presentación A maldición de San Brandán en Santiago

Categoría: Nova

O luns 21 de Outubro, ás 20:00 h, celebrarase na Libraría Pedreira, en Santiago de Compostela, a presentación de A maldición de San Brandán de Paulo Calvo. Intervirá Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia.
SOBRE O LIBRO

O padre Aldán guía un grupo de frades irlandeses

cara a un recuncho da antiga Britonia, Lar de Maeloc, coa misión de acubillar un poderoso artefacto. O mesmo que o doutor Fausto Wesster procura para o Führer, sabendo que de atopalo, o ditador acadaría a gran vitoria que desexa para os nazis sobre Europa. O mesmo que Daniel Alvite, Luthier da USC, descubrirá no fardo das escavacións de Wewelsburg. Unha novela que nos fará conter a respiración, un conto de misterio, azar e intriga histórica onde nunca saberemos se o destino da humanidade é libre ou obedece á vontade dun obxecto. Ou quizais si, quizais si o saberemos…
SOBRE O AUTOR
Paulo Calvo (Ames, 1977) é profesor de Economía e Matemáticas no ensino secundario. Licenciado en Economía pola USC, especializado en Responsabilidade Social Corporativa e Desenvolvemento Sostible pola UNED. No eido literario esta é a súa primeira incursión no mundo da novela. Anteriormente, recibiu premios en certames como o de microrrelatos de Panxea; o certame do Centro Galego de Frankfürt e nos Sonigramas do Diario cultural da Radio Galega. Asemade, colaborou cunha serie de relatos curtos de xénero fantástico no libro Contos estraños. Segunda era (2014). Se queres conversar con el, pódelo atopar en Facebook, Twitter e Instagram: @omeupaulinho.

Comparte nas túas redes sociais ou por email