Últimos días para presentarte ao XIII Premio de Narrativa Breve Repsol

O vindeiro mércores 31 de xullo rematará o prazo para participar na XIII edición do Premio de Narrativa Breve Repsol. Convocado pola Fundación Repsol, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, o Premio de Narrativa Breve Repsol nace coa intención de contribuír ao desenvolvemento da literatura en galego. O premio […]

Chega ás librarías A noite do lobo de Abel Tomé

A noite do lobo, obra gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2019 chega ás mesas de novidades esta semana da man da Editorial Galaxia. A nova novela de Abel Tomé desenvólvese nunha época remota no acervo galaico portugués pero conta con referencias actuais e reminiscencias a David Lynch, a Mary Shelley e incluso a […]

Falece o escritor siciliano Andrea Camilleri

No día de hoxe falecía en Roma aos 93 anos Andrea Camilleri, creador do xa inmorrente comisario Montalbano e de ducias de novelas. Camilleri publica a súa primeira novela, Il corso delle cose, no ano 1978, cando xa pasaba dos sesenta anos, unha singularidade, a de ser un escritor serodio, que marcaría tamén o seu […]

Berta Dávila gaña o Premio García Barros 2019

Reunido hoxe no concello da Estrada, o xurado do XXXI Premio de Novela Manuel García Barros decidiu declarar gañadora a novela Carrusel que, aberta a plica, resultou ser da autoría de Berta Dávila. O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Inma Otero e Carlos Loureiro, actuando como secreatrio, destacou a “depuración estilística, […]

Entréganse os premios do Reto Lector 2019

Icía García Carregal, natural de Melide (A Coruña), gañou esta terceira edición da campaña de fomento da lectura promovida dende a Editorial Galaxia cun vídeo no que anima a ler A filla do minotauro de Marilar Aleixandre. Declaráronse ademais outros cinco vídeos finalistas. No día de onte, 11 de xullo, entregáronse na Casa Galega da […]

Alfredo Conde regresa ás librarías con Un vento que pasa

Cinco anos despois da súa última publicación, Alfredo Conde volve ás mesas de novidades da man da colección Literaria de Galaxia con Un vento que pasa, unha novela sobre a farsa cruenta da vida. Un vento que pasa é “unha esaxeración propia dun vello consentido”. A historia dun home enfermo que, na fin da súa […]

Galaxia na Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade

A Asociación galega do libro infantil e xuvenil (GÁLIX), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, promoveu a creación dunha Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade, na que aparecen recollidas cinco obras de Galaxia. Esta guía ofrece unha selección de libros publicados nos anos 2014, 2015 e 2016, distribuidos en tres tramos […]

Galaxia na Festa dos Libros de Pontevedra

Este venres 5 de xullo da comezo a Festa dos Libros de Pontevedra, e Galaxia non podía faltar nesta tan agardada cita para os amantes da literatura. Ao longo de toda a fin de semana terán lugar diversas actividades apoiadas pola Editorial e destinadas a todos os públicos. O venres abrimos a Festa coa sinatura […]