170 aniversario do finamento de Edgar Allan Poe

Categoría: Nova

O 7 de outubro de 1849 deixaba a vida, hai 170 anos, en Baltimore un dos máis grandes escritores da literatura universal. Edgar Allan Poe (Boston, 1809 – Baltimore, 1849), escritor, poeta, crítico e xornalista. É un dos mestres do relato breve, un autor fundamental na renovación da novela gótica, e recordado especialmente polos seus contos de terror.
Galaxia ten publicado na colección Clásicos Universais os seus Contos completos en 3 volumes: Contos Completos I, Contos Completos II e Contos Completos III.

Comparte nas túas redes sociais ou por email