Identidade e afectos patrios de Ramón Villares foi a obra escollida na categoría de Mellor Ensaio da Década no Premio Mondoñedo 10. O premio resolveuse este domingo 13 e a entrega do galardón realizarase o domingo 20 de outubro. Este galardón convoca cada ano unha categoría literaria e valora as obras publicadas na década precedente á convocatoria.
Moi singular, o Premio Mondoñedo 10 foi creado co obxectivo de seleccionar os dez libros de referencia dunha década na cultura galega. Dende a Editorial Galaxia estamos moi felices de que un dos nosos libros forme parte desta proposta de referencia da literatura galega do século XXI.
Os ensaios reunidos neste libro teñen un elo común, que é indagar sobre o proceso de creación e bloqueo da identidade galega e a formación dunha narrativa de Galicia como nación cultural.