Xoán Curiel, finalista nos XIX Premios Opinión Música de Raíz

Na Editorial Galaxia estamos moi felices porque Xoán Curiel está nomeado como finalista nos Premios Opinión Música de Raíz polo seu traballo Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas. Un disco editado pola nosa casa no que o autor nos propón unha viaxe polo universo de Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras […]

O 8M, unha loita diaria

Dende a Editorial Galaxia amosámonos como firmes defensoras da loita feminista en prol da igualdade entre homes e mulleres. O 8M é só un recordatorio do que se debe defender cada día: a liberdade, a igualdade de oportunidades, a diversidade, a dignidade, a valentía, a abolición da opresión ou do machismo que se mestura en toda a sociedade, […]

A Editorial Galaxia publica “Conversas con Ricardo Carballo Calero”, de Carmen Blanco

A Editorial Galaxia publica unha nova edición do libro Conversas con Ricardo Carballo Calero, de Carmen Blanco, co gallo de achegar máis información sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas 2020. Esta nova edición amosa unha revisión actualizada do texto cun prólogo introdutorio da autora, así como algunhas imaxes que apoian […]

Seis libros de Galaxia, finalistas nos Premios da Gala do Libro Galego 2020

Hoxe déronse a coñecer as obras finalistas nos Premios da Gala do Libro Galego 2020, na que destacan seis obras da nosa casa editorial. Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane, na categoría de Ensaio e investigación, e Iniciativa bibliográfica. A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer […]

A Editorial Galaxia publica o Premio Blanco Amor, obra de Xesús Fraga

Xa temos nas nosas mans a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2019: Virtudes (e misterios), do xornalista e escritor Xesús Fraga. Esta é, sen dúbida, unha creación singular, na que o autor decidiu contar a emigración dende a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo ao encetar esta novela que é, sobre […]

Centenario da primeira exposición das estampas de “Nós”

Hoxe, cúmprese o centenario da primeira exposición que fixo Castelao, o día 2 de marzo de 1920, das estampas de  Nós, na Coruña. Unha fermosa composición de 50 estampas do artista rianxeiro que primeiro circulou como exposición e en 1931 foi editada nun álbum. A colección recóllese nunha obra editada por iniciativa dun grupo de […]

Presentación de “Distancias” en Vigo

O día 2 de marzo, ás 20:00 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Distancias, de Tamara Andrés, ilustrado por Marcos Viso. Acompañando aos autores, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Distancias é un artefacto poético concibido por Tamara Andrés e Marcos Viso, un álbum ilustrado sen fronteiras nin idades, […]

Presentación de “Novelovento” en Mondoñedo

O día 28 de febreiro, ás 12:30 h, celebrarase, no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, a presentación do libro-disco Novelovento, de Emilio Rúa, dentro dunha xornada de homenaxe a Álvaro Cunqueiro. En nome de Editorial Galaxia irá Eva López. O cantautor Emilio Rúa musica os poemas do libro Herba aquí e acolá de Álvaro […]