A tradución de “Ulises”, de James Joyce, destacada entre as mellores da época

Onte, foi o Día Mundial da Tradución, unha data que pon en valor o traballo das tradutoras e tradutores que, a través do seu labor, achegan o pensamento e as ideas de persoas de todo o mundo á sociedade. Facilitan o diálogo e o entendemento e propician que unha autora ou un autor poida contar a […]
Berta Dávila, coa “Illa Decepción”, gaña o XIV Premio Repsol de Narrativa Breve

A obra Illa Decepción, da escritora Berta Dávila, resultou gañadora da XIV edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. Así o comunicou esta mañá en rolda de prensa a portavoz do xurado, Anna R. Figueiredo. Con este recoñecemento, Dávila, convertese por segunda vez en gañadora deste galardón, do mesmo xeito que o foi na […]
Farruco ateiga a Praza do Toural, en Santiago

Onte celebrouse, nunha Praza do Toural ateigada de xente, a presentación de Eles e mais eu. Compostelaneando, de Xosé Luís Bernal López (Farruco). O autor estivo acompañado por Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela e Suso de Toro, autor do limiar. A actriz Isabel Blanco presentou […]
Berta Dávila, con “Carrusel” Premio da Crítica 2019

Acabamos de saber que Berta Dávila vén de gañar o Premio da Crítica 2019 con Carrusel. Unha noticia fantástica e un galardón máis que se suma ao libro gañador do Premio García Barros 2019. Podedes acceder a toda a información premendo aquí. Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso […]
Presentación de “Eles e mais eu. Compostelaneando”, en Santiago

O día 28 de setembro, ás 19 h, celebrarase, na Praza do Toural de Santiago de Compostela, a presentación de Eles e mais eu. Compostelaneando, de Xosé Luís Bernal López (Farruco). Acompañando o autor, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela e Suso […]
A Editorial Galaxia recibe a visita do PSdeG

Esta mañá recibimos na Editorial Galaxia a visita do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen quixo coñecer de primeira man a situación da industria editorial galega e, nomeadamente, a da Editorial Galaxia neste seu 70 aniversario. Ademais de Gonzalo Caballero, participaron na visita, Olga Alonso e Ángeles Marra, deputada no Congreso, en Madrid, Leticia […]
“Illados. Diario da pandemia” en breve nas librarías

Illados. Diario da pandemia, de María López Sández e Miguel Múñiz, en breve nas librarías de toda Galicia. É unha reportaxe que reflexa a primavera de 2020. Esa que mudou para sempre as nosas vidas e deixará, sen dúbida, fondas pegadas na memoria da nosa xeración. A cámara de Miguel Muñiz condensa, en imaxes, moitas das […]
José Luís Baños De Cos gaña o III Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020

A obra gañadora do III Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020 é A CÁMARA ESCURA. O mércores 23 de setembro, ás 12 h, celebrouse, no Concello de Porriño, a entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020. O gañador José Luís Baños De Cos, recolleu o galardón nun acto no que interviron Raquel […]