Berta Dávila, Manuel Rivas e Xurxo Souto, xa nas librarías

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia publica algunhas das novidades máis esperadas do ano.
Estes días están chegando ás librarías de toda Galicia algunhas das novidades literarias máis esperadas do ano.
Entre outras, queremos salientar as seguintes.
ILLA DECEPCIÓN de Berta Davila:
Nesta novela gañadora do premio narrativa breve Repsol vai inserida unha postal da autoría de Berta Davila cun código QR onde poden acceder as persoas que compren o libro e escribirlle á autora. Esta vai responderlles cunha postal personalizada e asinada.
QUE ME QUERES, AMOR?, de Manuel Rivas edición ilustrada.
Cúmprense 25 anos da publicación da obra mais universal de Rivas gañadora do Premio nacional de narrativa 1996 e premio Torrente 1995. O propio autor fixo unha revisión dos textos e Diego Estebo ilustrou esta edición conmemorativa.
PANGALAICA. RECORTES PODEROSOS, de Xurxo Souto
Debuta en Galaxia o dos Diplomáticos con noventa e dúas historias do anecdotario do de Monte-Alto con fotos de acontecementos importantes da súa vida e da súa traxectoria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email