Masterclass da Escola de Letras con Anna R. Figueiredo

O día 20 de xaneiro, ás 19 h, celebraremos unha Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, coa escritora e docente Anna R. Figueiredo, que leva por título: Escribir a primeira novela. Será a través de Google Meet, en aberto, para todas as persoas que queiran participar. Poderedes acceder […]

Presentación de “Alba de groria”, en Vigo

O día 19 de xaneiro, ás 19:00 h, celebrarase, no MARCO de Vigo, a presentación do libro Alba de groria, de Castelao, ilustrado por Ana Santiso. Acompañando a ilustradora, asistirá o filólogo, escritor e etnógrafo Calros Solla e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar a súa asistencia […]

A Editorial Galaxia presenta o acceso aos 156 primeiros números da revista Grial

Están dispoñibles os 156 primeiros números, en formato PDF, da revista. Unha oportunidade para que, quen teña interese, poida acceder a contidos culturais de alto valor. Na revista, dirixida desde o seu nacemento por personalidades da altura de Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego; Carlos Casares e Víctor F. Freixanes con Henrique Monteagudo, onde colaboraron […]

Galaxia e a Xunta lanzan a colección “Biblioteca Nós”

A editorial Galaxia e a Xunta presentaron o 28 de decembro, en Ourense, unha colección con dez libros dos autores máis representativos da Xeración Nós, un movemento cultural e político que conferiu á cultura galega un gran protagonismo, e cuxa reedición coincide co centenario da revista Nós. A colección, titulada Biblioteca Nós, presentada este luns, inclúe dez […]

Nace a Biblioteca Nós

Na Editorial Galaxia publicamos a colección Biblioteca Nós, en homenaxe aos artífices da revista Nós, celebrando o centenario da saída do prelo do seu primeiro número. Esta é unha escolma dunha decena de obras de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Antón Vilar Ponte ou Castelao. Títulos como Teoría do nacionalismo galego, un dos textos […]

A Fundación Penzol recibe o Premio Cultura Galega 2020

A Fundación Penzol recibe o Premio Cultura Galega 2020 na categoría de Patrimonio Cultural. Un dos máis prestixiosos galardóns de Galicia, o cal recoñece o inmenso labor da fundación. Nada en 1963 baixo o impulso de Fermín Penzol, nos seus case 60 anos de historia contribuíu á promoción e difusión do patrimonio cultural galego desde unha biblioteca […]

Presentación do Premio García Barros 2020, na Estrada

Hoxe presentamos, na Estrada, o Premio García Barros 2020 que publica a Editorial Galaxia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello da Estrada. No acto, ademais da gañadora, María Rei Vilas, coa súa novela Flores de ferro, participaron Carlos Loureiro, secretario do xurado, o alcalde da Estrada, Xosé López, e Francisco […]