Presentación de “Dormente”, en Vigo

Categoría: Nova

O día 4 de marzo, ás 20 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Dormente, de Raquel Castro.
Acompañando a autora, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo:
listacartabon@gmail.com
O acto contará con todas as medidas de seguridade.
O novo libro de Raquel Castro, ilustrado por Laura Veleiro, é unha lectura recomendada a partir dos 12 anos que forma parte da oclección Árbore de Editorial Galaxia.
Neste libro hai unha princesa… mais, estará durmida? Será que non quere espertar? Por que queren que esperte? Para casala con quen non quere?
Dormente… unha princesa diferente. Cambiamos o conto? Animádevos a lelo para responder a todas as preguntas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email