A obra de Begoña Caamaño protagoniza un acto co alumnado en Vigo

A sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá un acto arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño, centrado na vertente máis literaria e xuvenil da súa obra. A actividade desenvolveuse arredor do libro Bego e o mundo do revés, escrito por Iria Collazo, e contou coa participación […]
Encontro arredor de “A nena que perdeu un zapato na lama” na libraría de El Corte Inglés de Vigo

Hoxe, mércores 13 de maio, celebrouse na Libraría de El Corte Inglés Vigo un encontro para centros de ensino arredor do libro A nena que perdeu un zapato na lama, de Ramón Nicolás, ilustrado por Carlos Gallego, dentro da programación das Letras Galegas 2026. A actividade contou coa participación do autor e do ilustrador, nunha […]
María Xosé Porteiro reivindica a Begoña Caamaño como referente do xornalismo galego

No marco das Letras Galegas 2026, celebramos a publicación de Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía, da xornalista e escritora María Xosé Porteiro. Unha obra que reivindica a figura dunha das voces máis comprometidas do xornalismo galego e que nos convida a reflexionar sobre o papel das mulleres na historia da nosa cultura e das […]
Editorial Galaxia recibe o Premio de Honra dos Premios Follas Novas 2026 e suma cinco galardóns

Editorial Galaxia foi recoñecida co Premio de Honra da Asociación Galega de Editoras nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2026, un recoñecemento á súa traxectoria no ano do seu 75 aniversario. Entre as obras premiadas destacan: Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?, coordinado por Susana Reboreda Morillo, Premio á […]
Comezamos a semana das Letras Galegas 2026 con Begoña Caamaño como protagonista

En Editorial Galaxia iniciamos con entusiasmo a semana das Letras Galegas 2026, neste ano que homenaxea a Begoña Caamaño. A súa obra segue a dialogar co presente desde a reescrita dos mitos, cunha mirada crítica, feminista e fondamente literaria. Begoña Caamaño naceu en Vigo, en 1964, e finou en Santiago de Compostela, no 2014; foi xornalista […]
Conversas, sinaturas e obradoiros con Editorial Galaxia na Feira do Libro de Santiago

Editorial Galaxia continúa esta fin de semana na Feira do Libro de Santiago cunha programación de actividades arredor da literatura, a memoria, a ilustración e a creación. A feira celébrase no Paseo central da Alameda de Santiago de Compostela. Venres, 8 de maio 17:30 h Obradoiro “Unha aventura máxica con Rosalía”, actividade de cómic con […]
Presentación de “Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño”, en Santiago de Compostela

O xoves 7 de maio, ás 19:00 horas, celebrarase na Fundación Granell, en Santiago de Compostela, a presentación de Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño, de Ana Romaní e María Xesús Nogueira. No acto participarán as autoras Ana Romaní e María Xesús Nogueira; alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei; e Xesús […]
Editorial Galaxia publica “Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía”, de María Xosé Porteiro

Galaxia publica Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía, unha obra asinada por María Xosé Porteiro que percorre a traxectoria profesional dunha voz comprometida co oficio xornalístico e coa realidade social do seu tempo. Este volume recupera a figura de Begoña Caamaño desde a mirada próxima dunha compañeira de profesión e amiga. Ao longo das súas […]