Ignacio Vidal Portabales gaña o XXXIV Premio de Novela ‘Manuel García Barros’

Na Estrada, ás 20 h do 18 de xullo, de 2022, na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reúnense os membros do xurado para escoller a novela gañadora desta XXXIV edición do Premio de Novela “Manuel García Barros (Ken Keirades)”, cos compoñentes que de seguido se relacionan: Marta Neira Rodríguez, profesora da […]
Lecturas recomendadas para a cativada

Xa sabedes cales serán as vosas lecturas durante este verán? Se aínda non o tedes claro, ou queredes aumentar a vosa lista de libros pendentes, recomendamos algunhas historias para compartir, fabulosas. Trátase de álbumes enfocados á cativada, que chegarán a finais deste mes á nosa editorial. A partir de agosto, todas e todos poderedes desfrutar […]
Galaxia estará na Feira do Libro de Ponteareas

O xoves 14 de xullo comeza a Festa dos Libros de Ponteareas. Celebrarase, dende o 14 ao 17, na Praza Maior da localización, en horario de 12:00 a 14:00 h e 18:30 h a 22:00 h. O sábado a apertura celebrarase ás 11 h, e o primeiro día, xoves 14, a feira será só pola tarde. […]
Homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz e Mª Teresa Fernández Cabaleiro, en Vigo

O mércores 13 de xullo, celebrarase, ás 12:30 h, na sala de conferencias da sede Afundación de Vigo, unha homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz e Mª Teresa Fernández Cabaleiro, organizada pola Fundación Tutelar Galega para persoas con discapacidade intelectual Sálvora. Alfonso Zulueta de Haz (Vigo, 1924-Vigo, 2017). Notario de profesión e galeguista de corazón, […]
No pasamento de Basilio Losada

Malia os seus máis de 80 anos emigrado en Cataluña, Basilio Losada foi un dos mellores embaixadores da nosa cultura polo mundo. Natural de Láncara, foi o primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Barcelona. Sempre tivo a Galicia no seu corazón, pois como dixo nunha entrevista: “Saín de Galicia con 5 […]
Francisco Fernández del Riego será o homenaxeado no Día Letras Galegas 2023

A Editorial Galaxia publicará unha biografía sobre o homenaxeado, escrita por Malores Villanueva, o día 7 de xaneiro de 2023, data na que cumpriría 110 anos. A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010). O pleno da institución, reunido hoxe […]
A Editorial Galaxia estará na Festa dos Libros de Pontevedra

Este venres 8 de xullo comeza a Festa dos Libros de Pontevedra, unha cita moi agardada para os amantes da literatura, na que estará presente a Editorial Galaxia. Será un encontro moi especial no que terá lugar un catálogo moi variado de actividades apoiadas pola editorial, para todas e todos. A praza da Ferraría acolle […]
Convócase o II Premio de poesía Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o II PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO” CERTAME POÉTICO “FAISE CAMIÑO”, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo, […]