Vixiade as vosas costas

A Galicia Negra xa non é o que era. E iso sábeno ben as lectores e lectores de novela policial e criminal que, fieis, acoden ás librarías a mercar as novidades dos seus autores e autoras preferidos. Aquel estereotipo do noso país, cheo de prexuízos, aldraxes e tópicos mudou nun vizoso xénero literario, e tamén […]
Domingo Villar, o preferido das lectoras e lectores de Galicia

A ninguén lle sorprende o agarimo que todo o público tiña e ten por Domingo Villar. Un grandísimo escritor pero, por enriba de todo, unha gran persoa. Xa era un clásico antes da súa desgraciada perda e seguirá séndoo. Proba disto son os constantes aluimiños e mostras de afecto por parte dos seus fieis lectores […]
Galaxia inaugura setembro cargada de novidades

Despois dun verán ateigado de lecer e boas lecturas, a Editorial Galaxia abre de novo as súas portas ao público ofrecendo todo tipo de opcións literarias. Celebrando as súas vodas de ouro coa poesía, a escritora Helena Villar Janeiro festexa o seu amor pola palabra co libro De rosa antiga. Unha escolma que recolle a súa obra […]
Un verán de libros

Chega o mes de agosto e con el o descanso da nosa fábrica de Libros. Editorial Galaxia pechará as súas portas durante esta tempada para coller impulso e chegar con máis forza no vindeiro curso. Xa pensamos en novas lecturas, para todas as idades e gustos literarios, que estaremos felices de presentarvos cando se achegue […]
A Editorial Galaxia publica o novo traballo de Elvira Ribeiro Tobío

Un fabuloso álbum ilustrado pola artista rusa, establecida en Vigo, Sofía Venzel, que pode lerse do dereito e do revés. Elvira Ribeiro Tobío volve a sorprender de novo cunha orixinalísima proposta. Despois de agasallar ao público con “Mar de mazá”, ilustrada por Begoña G. Arce, obra gañadora do Premio Follas Novas na categoría de Mellor […]
Homenaxe a Domingo Villar, en Moaña

A Asociación Fotográfica e Cultural Olladas de Moaña rende homenaxe á figura de Domingo Villar cunha exposición fotográfica. O tema da mostra, realizada coa colaboración do Concello de Moaña, serán os escenarios da parroquia de Tirán nos que o escritor vigués situou parte da súa novela “O último barco” (Editorial Galaxia, 2019). O martes 2 […]
Hoxe ábrese a matrícula para os novos obradoiros da Escola de Letras

Hoxe, ás 8:00 h, ábrese o prazo de inscrición da Escola para o Obradoiro Literario con Diego Giráldez, en Vigo, e o Obradoiro Literario con Anna Figueiredo: Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…, en Pontevedra. Despois do grande éxito dos obradoiros que inauguraron a terceira edición da Escola, volve a estar dispoñible o prazo de matrícula para todas e todos os […]
A Editorial Galaxia estará na Feira do Libro da Coruña

O luns 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña. Celebrarase, dende o 1 ao 10, nos Xardíns de Méndez Núñez da cidade, en horario de 11 h a 14 h e 17:30 h a 21:30 h. Durante esta feira, que é unha das máis importantes de Galicia, todas as persoas interesadas en […]