A Editorial Galaxia participará na Feira Internacional do Libro de Barcelona, que se celebrará dende o 5 ata o 7 de outubro, na capital catalá.
Na súa 40ª edición, Liber contará con Colombia como país convidado de honra. Sendo un dos mercados editoriais máis importantes de América Latina, Colombia aproveitará a súa participación neste evento para impulsar a internacionalización da súa rica e variada narrativa contemporánea e recuperar o nivel de exportacións prepandemia.
Autores, editores, axentes, distribuidores e representantes institucionais, viaxarán esta semana a Barcelona para tender unha ponte comercial e cultural con España no marco da feira. Durante tres días, profesionais do sector do libro de 19 países compartirán as súas experiencias ao redor do libro e a lectura nos distintos escenarios dispostos no recinto feiral.