Domingo Villar, protagonista do valo publicitario da empresa Pereira en Beiramar

O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro, cuarteando a súa pel como terra seca. Domingo Villar, en A praia dos afogados, (Finalista do International Dagger Prize 2011, Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos, Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009, Premio Losada Diéguez de Creación […]

“Bilingual societies and sustainability: Spain’s other languages”, en Nova York

O vindeiro 5 de decembro, celebrarase, no King Juan Carlos I of Spain Center de Nova York unha mesa redonda titulada “Bilingual societies and sustainability: Spain’s other languages”, na que participarán Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, Rosa Rey (editora de Angle Editorial – Cataluña) e Lorea Aguirre, responsable da revista vasca Jakin Magazine. […]

A Editorial Galaxia no Festival Internacional do Libro de Guadalajara

A Editorial Galaxia participará, do 30 de novembro ao 8 de decembro de 2019, na Feira do Libro de Guadalajara (México). Autores, axentes literarios, bibliotecarios, libreiros e máis de 2,280 casas editoriais de 47 países visítana este ano, sendo India o Convidado de Honra 2019. De seguido, a programación cos actos que a nosa editorial […]

Xa nas librarías o novo traballo de María Fumaça

O veleiro verde é o novo título da colección Sonárbore. Ao igual que nos anteriores, a festa está garantida. Botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios para que nos escoiten con toda a enerxía, sen medias tintas. Con máis flow, ventos, metáis, rock rebelde, co noso Ruiguetón, e funk, sen esquecer o […]

Presentación de Castelao en Vigo

O día 29 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Castelao. Construtor da nación. Tomo I de Miguel Anxo Seixas na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Ademais do autor, intervirán X.L. Méndez Ferrín, Anxo Cabada, presidente do Ateneo, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. O meniño rianxeiro, […]

Faladoiro con Francisco Castro no Festival de Curtas de Vilagarcía

O 26 de outubro, ás 12:30 h, dentro do Festival de Curtas de Vilagarcía, terá lugar un Faladoiro con Francisco Castro sobre a necesidade de editar obras da literatura universal en galego, director xeral da Editorial Galaxia, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

Presentación Os jeans de María na Coruña

O día 25 de outubro, ás 19:30 h, realizarase a presentación de Os jeans de María de Xian Lois Alcayde Dans, na Libraría Berbiriana da Coruña. Ademais do autor, intervirán a escritora Tamara Andrés e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. Velaquí un mollo de relatos para entendernos a nós mesmos. Personaxes ao […]

Presentación Os anxos indecisos en Ponteareas

O día 5 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar a presentación de Os anxos indecisos de Manrique Fernández na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas. Nela intervirá o autor do libro e irá como representación da editorial Francisco Castro, director xeral de Galaxia. Anna R. Figueiredo fará a presentación da mesma. Os personaxes […]