“Extraordinario”, primeira novela en galego recomendada polo Pen de Estados Unidos

Extraordinario, de Antón Lopo, converteuse na primeira novela en galego que entra no selecto grupo de obras recomendadas polo Pen de Estados Unidos, unha das organizacións máis prestixiosas do país. O recoñecemento chega a través da tradución que realizou Jacob Rogers e que lle valeu a célebre bolsa anual do Pen e da Fundación Heim. […]
Feliz 2020

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos un ano cheo de ledicia, ilusión e sobre todo, lectura da boa!
O Pleno da Real Academia Galega nomea a María Rosa Lojo membro de honra

O Pleno da Real Academia Galega nomeou a María Rosa Lojo (Buenos Aires, 1954) membro de honra. Filla de pai galego e nai castelá, é autora dunha ampla produción como experta en literatura e dunha destacada obra creativa que a converteu nunha das escritoras arxentinas máis internacionais. En ambos os campos a súa é unha […]
Presentación de “Historia da vida cotiá en Galicia, séculos XIX e XX” en Ourense

O día 23 de decembro, ás 20:00 h, celebrarase, no Salón Noble do Liceo de Ourense, a xeito de tertulia, o evento de presentación do libro de Xavier Castro: Hª da vida cotiá en Galicia, séculos XIX e XX, Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. A conversa versará sobre a vida cotiá en Ourense (especialmente no […]
Presentación de “Luzbell” en Betanzos

O día 21 de decembro, ás 19 h, celebrarase, na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de Luzbell, de Diego Rosales e Xosé Tomás. No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzell, o demo bombilla. Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza e a destrución […]
Lecturas de Nadal para xs máis novxs da casa

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) preguntou en redes sociais ás súas usuarias e usuarios sobre que libros de Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) galega recomendarían para agasallar este nadal. Estamos moi felices porque son moitos os títulos da Editorial Galaxia que figuran na listaxe. Obras coma A fraga do meu avó, […]
Presentación de “Os anxos indecisos” en Vigo

O día 13 de decembro celebrarase, ás 20:00 h, a presentación de Os anxos indecisos de Manrique Fernández, na libraría Cartabón, en Vigo. Acompañando ao autor, asistirán Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e a escritora Iria Collazo. Os personaxes que protagonizan as historias de Os anxos indecisos están situados nos bordos, nas fronteiras, […]
Presentación de “O latexo dunha aula infantil” en Bertamiráns

O día 12 de decembro, ás 18:00 h, celebrarase, na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames), a presentación de O latexo dunha aula infantil de Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca. Acompañando ás autoras, asistirán representantes do Concello de Ames, Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional. Se en Os fíos de infantil as súas autoras […]