Lecturas de Nadal para xs máis novxs da casa

Categoría: Evento, Nova

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) preguntou en redes sociais ás súas usuarias e usuarios sobre que libros de Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) galega recomendarían para agasallar este nadal. Estamos moi felices porque son moitos os títulos da Editorial Galaxia que figuran na listaxe. Obras coma A fraga do meu avó, de Mamá Cabra, A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández, ilustrado por Nuria Díaz, Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Bea Gregores, Cidade cemento, de Ana Santiso, Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala, Marta e a pintega, de Eli Ríos, ilustrado por Patricia Román, O misterio de Portomarín, de Antía Yáñez, ilustrado por Kristina Sabaite, O veleiro verde, de María Fumaça, Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije ou Tes ata as 10, de Francisco Castro, son algunhas destas suxestións.
 
Valaquí compartimos estas alternativas, que son só un exemplo entre o amplo catálogo editorial que a nosa casa posúe. Podedes botarlle unha ollada na seguinte ligazón:

Catálogo


Sen dúbida, agasallar libros e talento galego é unha opción excepcional para estas festas ou para cando a ocasión o mereza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email