Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre.
Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre. Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido... como a vila que descansa debaixo das augas do encoro. Durante anos aquela vila anegada tivo os seus (terribles)segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz...

(Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos Os Viadutos 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.
En 2018 gaña o Premio de Narrativa Illa Nova con Senlleiras, e en 2019 publica O misterio do torque de Burela.